Logo

DISCURSO DE TOMA DE POSESIÓN DA PRESIDENCIA DO CENTRO DEMOCRÁTICO LIBERAL DE GALICIA


Estimados, Secretario Xeral Alfonso Reina, Conselleiro do  CEN,  Carlos Mendoza, Portavoz da Área de Educación e Emprego Carlos Rodríguez Alemany, queridos compañeiros do recén elixido Comité Executivo Federal do CDL Galicia, compañeiros tamén del CEP do CDL Pontevedra, Portavoces Provinciais, Responsables Locais, moi apreciados afiliados, simpatizantes, invitados, profesionais da prensa,  amigos todos  vos:

Quero agradecer ante todo a vosa presenza  neste trascendental evento pra o desenrrolo do Centro Democrático Liberal en Galicia.
E como non, tamén a confianza que posáchedes  na miña persoa e no grupo humán que compoñe o Comité Executivo Federal do  CDL na nosa Comunidade.


O día 9 de Maio a reunión do Consello de Galicia amparado na opinión de moitos compañeiros tomóu a decisión de acometelo noso  I Congreso Federal. O 14 de Maio recibístedes un documento que redactei persoalmente no cal se argumentaban as razóns polas que desexabámos e debíamos afrontar este Congreso.  Poucos días despois  presentamos a Convocatoria Oficial e o Regulamento do Congreso. Este último documento, inspirado no Regulamento do III Congreso Nacional que eu mesmo elaborei no seu día é o que serviu de guía pra a brillante redacción do noso Secretario Javier Vázquez Refojos. Este Regulamento  valeu  de ordeamento xurídico pra a labor congresual e  partiu das bases do sinxelo e  da operatividade pra acadar a máxima transparencia e  participación. Visto o visto hoxe,  acertamos de cheo no enfoque.


Hoxe CDL  voltou a demostrar que é infalible ca democracia nos procesos  internos,  e  podovos asegurar que en canto CDL asuma responsabilidades institucionais esa infalibilidade refulxirá ata a sociedade civil e sobre todo onde se atopa cada unha dos membros ca compoñen.
Somos persoas as que este opresor contrato social abandou nun páramo desolador, ca mirada perdida nun horizonte incerto e os oídos quexumbrosos polos rebumbios das  calumnias que contaminan  a verdade das cousas.
E creedeme  que si hai algo o que non pode fallar unha persoa que aspire a responsabilizarse dos demáis, é a verdade, anque a verdade en ocasións cause unha terrible dor a quen a escoita e perxuizos a quen a practica.
 
Cando tiña 13 anos o meu abó, Fidenciano Palacín faloume por primeira vez do que é o meu libro predilecto “A República” do filósofo grego Platón.   Puxo o meu abó, un home inconmensurable culto, especial énfase en explicarme o capítulo VII no que  se fala do “Mito da Caverna” e afirmoume taxantemente que todo o que aprendese na vida sobre a verdade absoluta e o camiño ata o coñecemento da mesma atopábase baixo  aquelas reflexións.
Esa lección, como outras moitas que me brindou aquel gran home, ainda a conservo incólume na miña memoria e me guía pola miña  senda vital.

 

No  “Mito da Caverna” o xenial Platón   inventase unha cova subterránea  na  cal os homes ca moran  atópanse atados de pes e mans, cada un deles contra uns respectivos postes con un único horizonte  na sua visión: as paredes rocosas da caverna. Uns seres alleos  encárganse de alimentalos con viandas pra que poidan sobrevivir e  pra entretelos se lles proxectan  gracias a un fogo que se atopa perpetuamente prendido tras deles unha serie de sombras chinescas sobre as paredes.
Se lles proxecta sobre ditos paramentos xuntando as mans tal como así (fai xesto) o aleteó dunha volvoreta e se lles di cunha voz  en off que aquilo, esa sombra,  é unha volvoreta. Se lles proxecta tal como así (fai xesto) a cabeza dun can abrindo a boca e se lles di tamén que iso é un can. Esta operación a realizan a diario perante toda a vida dos prisioneiros con multitude de obxetos e estos desdichados están lóxicamente convencidos de que esas sombras chinescas son a realidade das cousas, que son unha verdade absoluta.
Un día un de esos homes  desatase  accidentalmente e escomenza a camiñar en dirección o exterior da caverna. As suas pernas atericidas casi non lle respostan e a sua cegueira é prácticamente  incapaz de guialo cara o exterior.  Sen embargo pouco a pouco vai gañando confianza nos seus pasos pra poder fuxir e os seus ollos  vanse adaptando o novo tipo de luz que  vai emanando gracias a claridade do exterior.
Ese traxecto é pra Platón unha alegoría do camiño ata o coñecemento da verdade, que é moi longo e cheo de cuitas.
Cando o fuxido chega o exterior por fin sae do recuncho e entón  vese alumeado pola  cegadora luz do sol. Os seus  ollos  doenlle, casi non pode abrilos,  choranlle, pero loita por mantelos abertos.
Cuando se adapta por fin a  luminiscencia reinante advirte como por diante dos seus ollos pasa unha fermosa  volvoreta cos seus indescriptibles cores, o seu volume, o seu movemento, o sue aleteo  e escomenza a comprender ca suposta volvoreta que lle mostraban ala embaixo,  na caverna, no era máis cunha burda imitación da verdade.


Os cidadans en España tamén vivimos atados de pes e mans nas profundidades dunha caverna e como a os protagonistas da obra de Platón tamén se nos somete a acción das sombras chinescas e  mintenos dicindo que ditas sombras son unha realidade. Esos proxectores desa suposta realidade son os dous grandes partidos políticos, o PP e o PSOE.

Por exemplo,  ensinan a os españois  unha sombra chinesca a que eles denominan   “democracia” e nola presentan como un exercicio consistente en meter una papeleta  nunha urna cada cuatro anos.
 Vos que estades eiquí, xa fora desa caverna ¿creedes de verdade que o que os españois experimentan como democracia  é na realidade unha democracia? ¿Onde está o aleteo da volvoreta que en democracia é a participación da sociedade civil no artellado das Institucions? En verdade vos digo que no  atoparedes a democracia verdadeira na sombra que proxectan o PP y el PSOE.  

¿Creedes ca sombra chinesca que nos proxectan como Xustiza é en realidade a verdade da teoría e a praxis da Xustiza? ¿Xuices  Conservadores, Xuices Progresistas? Que é iso. ¿Non é acaso un xuiz unha institución encargada de facer cumprir a lei? ¿Porque as leis en España se interpretan en función dun ideario político? Eu volo direi,  porque esas sombras chinescas que eles chaman xuices  están elexidos polos partidos políticos. Que ignominia, ¿Onde se atopa o principio da Separación dos Poderes do Estado de Montequieu?

Outra cuestión. ¿Creedes sinceramente ca Sociedade do Benestar é o que os políticos nos proxectan sobre  os paramentos desta caverna? ¿Creedes ca Sociedade do Benestar se reduce a un cheque bebe, a 400 euros por alquilar unha vivenda, ou a unha pensión, en moitos casos moi por embaixo do que un ser humano necesita pra subsistir?

¿Creedes ca proxección que nos mandan dunha economía prospera é en realidade unha economía prospera?
¿É a vosa idea de  prosperidade a pobreza controlada e a mendicidade dependente do Estado a que nos quere someter o Partido Socialista a través da xeración masiva de paro,  da subida aniquilante de impostos, de entorpecemento da iniciativa privada?
Pregúntovos. ¿En que se parece isto a unha economía adiantada?
Os socialistas na sua obsesión polo Estado do Benestar afundiron o Benestar do Estado. Reflexionade sobre estas palabras.

¿E que me decídes sobre o cuarto poder, a prensa, maniatada polas subvencións e as amenazas.  Donde está a liberdade de expresión.
Cuando vamos a sair en España  dunha vez por sempre da caverna.

E dentro da cova española hai 17 covachas menores. Todas elas igualmente repletas de sombras chinescas.  17 Autonomías que non poseen categoría xurídica de   federacións pero que posuen casi as competencias dun estado. Que confunden, difuminan, cercenan o sinxelamente  pisan as  competencias do Estado Central do que só queda un esqueleto grotesco. Y por debaixo delas existen as Diputacións, con centos de asesores e administrativos, e ainda por embaixo 3 veces máis concellos dos que este país pode soportar.

 E a nosa  oquedade, Galicia, é especialmente escura.

¿Creedes ca idea da austeridade do Sr. Feijoo e que consiste en vender por catro perras os Audis oficiais pra comprar unha flota de Citroen é en realidade  austeridade?
¿Creedes co concepto de honestidade que intentan trasmitir as Diputacións  en Galicia  é certero cando  se lapidan os nosos impostos en campos de fútbol de herba artificial?
¿Creedes que son  válidos os proxectos presentados polos concellos galegos de unha e otra cor con motivo da realización do Plan E. Levantaron   tódalas aceras pra volvelas a enlosar.
¿É isto austeridade, honestidade o utilidade?
O Bipartito mandou nos seus  cuatro anos de desgoberno os pequeños avances da era   de D. Manuel Fraga o baúl dos recordos.

Agora voltou o PP. Levan un ano gobernando pero non se lles ve nada. Só Conselleiros grises.

 Esta é a nosa  cova galega. Máis abstrusa e recóndita cas demáis se cabe. Os galegos seguemos condenados a emigración.  

Pra finalizar non quero despedirme sen agradecer os meus  páis,  Lucila, que está eiquí presente e a meu pai Manuel que se atopa en Venezuela privado  de algúns dereitos humanos fundamentais como a libertade de opinión e a seguridade da propiedade privada, o apoyo que sempre me prestaron. E a miña muller Súmiko, a paciencia que amosa  con isto da política e o amor que sempre me da.   Pra ti con todo o meu  amor.

E nada máis, isto é todo.  Agora a disfrutar dos aperitivos pero dende mañán, a traballar polo proxecto centrista liberal e reformista e sobre todo por Galicia.   

Moitas  gracias.      

Logito